O 061 DE GALICIA ASISTIU A 43 PERSOAS POR 36 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
23 11 2020

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 43 persoas debido a 36 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 20 de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 22 de novembro. Os días que rexistraron máis incidentes foron o venres e o domingo con 13 sinistros de tráfico ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 49 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 36 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 43 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 63% e do 37% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 43% dos atendidos tiña entre 30 e 44 anos.
 
Por provincias, A Coruña e Pontevedra rexistraron 14 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.


Provincia
Accidentes
A Coruña
14
Lugo
4
Ourense
4
Pontevedra
14
Galicia
36

 
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 42. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron nun accidente, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 39 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes.
 
En 41 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en dúas ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss