A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ACHEGA O SOLIDARIO XESTO DA DOAZÓN ATA O PARLAMENTO DE GALICIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
25 11 2020

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira; e a directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García, saudaron aos doadores e doadoras que esta maña acudiron ata a unidade móbil da Axencia, que se desprazou ata a cámara lexislativa galega.

ADOS lembra que todos os días precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para que os hospitais galegos podan levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial e salienta que, nestes momentos, precísase reforzar a participación. Esta semana, necesítase aumentar a participación dos doadores e doadoras do grupo A Positivo.

Unha unidade móbil de doazón de sangue visita, polo menos dúas veces ao ano, o Parlamento de Galicia, dentro da campaña de recollida de doazóns de sangue que efectúa a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue en empresas e organismos públicos, e que representa o 9% de todas as doazóns recollidas anualmente en Galicia. Ademais, dende o ano 2001, as unidades móbiles de ADOS visitaron en varias ocasións o Parlamento de Galicia, acadando un total de 431 doazóns de sangue.

Agradecemento
Tanto a directora de ADOS coma o presidente do Parlamento tiveron verbas de agradecemento para os cidadáns que doan sangue habitualmente pero, en especial nesta oportunidade, a todos os deputados e deputadas e aos profesionais que desenvolven o seu traballo na cámara lexislativa galega.
 

Neste sentido, lembrar que na última campaña de doazón desenvolvida no Parlamento de Galicia, no mes de decembro do pasado ano, doaron sangue 25 persoas, tanto Marisa López como Miguel Santalices manifestaron a súa confianza en mellorar este resultado na presente visita.

ADOS desexa agradecer ao Parlamento de Galicia a súa contribución á doazón de sangue, recoñecemento que fai extensivo a todos a cidadanía galega que doa sangue para facer posible o desenvolvemento do intenso labor asistencial nos nosos hospitais.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss