O 061 DE GALICIA ASISTIU A 38 PERSOAS POR 32 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
30 11 2020

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 38 persoas debido a 32 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 27 de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 29 de novembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 17 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 41 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 32 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 38 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 69% e do 31% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33% dos atendidos tiña entre 45 e 59 anos.
 
Por provincias, A Coruña rexistrou 12 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
12
Lugo
8
Ourense
3
Pontevedra
9
Galicia
32
 
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 38. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 31 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria nun accidente. As ambulancias convencionais atenderon nunha ocasión.
 
En 27 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss