OS CENTROS DE SAÚDE DE OROSO E SANTA COMBA INCREMENTAN DENDE HOXE O NÚMERO DE MÉDICOS PARA ATENDER Á POBOACIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
01 12 2020

Santiago, 1 de decembro de 2020-  A xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza incrementou 5 prazas de Médicos de Familia neste ano dentro do cumplimento do Plan de Atención Primaria que está a desenvolver a Conselllería de Sanidade. Así, hoxe mesmo inician a súa actividade os novos facultativos de Oroso e Santa Comba, mentres que principios do mes de xaneiro ampliarase o cadro médico en Ordes. Neste ano tamén medraron os efectivos en Melide e en Ribeira. E o incremento en 2021 será de 8 médicos novos.

 

Esta mañá achegouse ata o centro de Saúde de Oroso a xerente da área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez xunto a director de Atención Primaria, Felipe Calle e a directora de Enfermería, Vitoria Carral. O incremento de profesionais nos Centros de Saúde obedece a decisións técnicas, baseadas na análise de diferentes indicadores como o número de tarxetas sanitarias, e o conseguinte promedio de doentes por Médico de Familia, nun Centro de Saúde; o promedio de doentes maiores de 65 anos por facultativo ou a carga asistencial media, entre outros. A dispersión poboacional, a extensión ou o número de entidades locais dentro do concello tamén se teñen en conta xa que a maior distancia se precisa máis tempo para o desenvolvemento da atención a domicilio.
A concreción do crecemento dos efectivos necesarios escálase en función do estudo de necesidades así como da posibilidade real de cubrir a praza dada a escaseza de Médicos de Atención Primaria en lista de contratación que hai no ámbito nacional.
 
 

 

saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss