A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE INVITA Á CIDADANÍA A DOAR NESTAS FESTAS DE NADAL 30 12 2020
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á cidadanía para doar sangue nestas festas de Nadal, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos A positivo, A Negativo e Cero negativo.
Os períodos de vacacións, como o Nadal, precisan dun reforzo na participación dos cidadáns. A demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios non diminúe nestas datas, polo que necesitamos da colaboración e xenerosidade de todos e todas para conseguir entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias.
Desprazamentos As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, ao longo destes días, numerosos concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.
ADOS agarda contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos:
DATA |
CONCELLOS |
Mércores 30 de decembro |
Neda, Praza de España (Ferrol), Cee, Monte Alto (A Coruña), Mera (Oleiros), Negreira, Serra de Outes, Lalín, As Neves, Parroquia de Valladares (Vigo), Praza Maior (Lugo), Quiroga, O Barco de Valdeorras, Rúa do Paseo (Ourense) |
Xoves 31 de decembro |
Praza de España (Ferrol), Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Barrio dos Mallos (A Coruña), Milladoiro (Ames), Praza Roja (Santiago), Zona Herrería (Pontevedra), Rúa Rosalía de Castro/Arenal (Vigo), Cabral (Vigo), Praza Maior (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense) |
Sábado 2 de xaneiro |
Zona de Ultramar (Ferrol), Zona Gaiteira-Os Castros (A Coruña), Praza Roja (Santiago), Lalín, Rúa Rosalía de Castro/Arenal (Vigo), Abadín |
DATA |
CONCELLOS |
Luns 4 de xaneiro |
Cariño, Cantón-Obelisco (A Coruña), Barrio de Peruleiro (A Coruña), Sta. Cruz Rivadulla (Vedra), A Baña, Caldas de Reis, Arbo, Barrio de Teis (Vigo), Sta. María de Oia, Castro Riberas de Lea, Barrio do Couto (Ourense) |
Martes 5 de xaneiro |
Barrio San Valentín (Fene), Arteixo, Zona Monelos-Castrillón (A Coruña), Bertamiráns (Ames), Urbanización Os Tilos (Teo), Cambados, Arcade, Zona O Calvario (Vigo), Cospeito, Guitiriz, Avda Portugal e Barrio A Carballeira (Ourense) |
Xoves 7 de xaneiro |
Mugardos, Carballo, Baio (Zas), Muros, Cabo de Cruz (Boiro), A Estrada, Salvaterra de Miño, Zona Travesía de Vigo (Vigo), Foz, O Carballiño |
Venres 8 de xaneiro |
Ares, Carballo, Camariñas, Ribeira, Calo (Teo), Pontecesures, Redondela, Rúa Barcelona (Vigo), Meira, Verín |
Sábado 9 de xaneiro |
Ares, Carballo, Ribeira, Redondela, Barrio da Estación (Ourense) |
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
|
HORARIO |
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL |
Luns das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 8.00 ás 22.00 horas |
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO |
Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE |
Luns e venres das 15:00 ás 22:00 horas
Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas |
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA |
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas |
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
Doar, moi sinxeloPode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.
ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.
ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.
|
|