A XUNTA ADMINISTROU O 65% DAS VACINAS DA PRIMEIRA REMESA ENVIADA POLO GOBERNO CENTRAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 01 2021

A Xunta de Galicia vacinou, ata o de onte, coas primeiras 18.500 doses, a algo máis de 12.000 persoas de 152 centros sociosanitarios, cumprindo o plan elaborado pola Consellería de Sanidade, segundo o cal, cada semana vacinaranse arredor de 12.200 persoas, aínda que non se descarta vacinar a máis, se se garante a chegada compremetida polo Ministerio de Sanidade.

Ata o de agora, a Xunta recibíu 37.500 doses, das que 18.550 pertencen á última remesa que chegou o pasado luns, día 4 de xaneiro. Hoxe martes está previsto vacinar a 4.715 persoas máis. Non se puido administrar ata hoxe polo tempo para adecuar a temperatura.
 
A previsión é rematar a vacinación da primeira dose a mediados deste mes de xaneiro.
 

O departamento sanitario galego mantén, polo de agora, unha reserva dun tercio das vacinas por si se produce unha rotura do stock, para garantir a administración da segunda dose.

O Servizo Galego de Saúde quere agradecer o excelente traballo dos equipos de vacinación. Persoal de enfermería que está a traballar cunha gran profesionalidade e unha actitude impecable.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss