Urxencias
Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 41
persoas debido a 35 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas
galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do
venres, 8 de xaneiro,
ata as 23,59 horas do domingo, 10 de xaneiro. O día que rexistrou
máis incidentes foi o sábado con 16 sinistros de tráfico.
A Central
de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 43 chamadas en relación cos accidentes de
tráfico. Estas alertas xeraron 35 asistencias sanitarias por parte
do persoal do 061 que atendeu un total de 41 persoas. A proporción
de homes e mulleres atendidos foi do 62% e do 38% respectivamente.
Nas idades dos feridos, obsérvase que o 35% dos atendidos tiña
entre 25 e 39 anos.
Por
provincias, A Coruña rexistrou 18 accidentes de tráfico durante os
desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
18
|
Lugo
|
6
|
Ourense
|
3
|
Pontevedra
|
8
|
Galicia
|
35
|
Os
recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as
chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 41. Así, as
ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en oito
accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico
mobilizáronse en 29 sinistros e os equipos sanitarios de Atención
Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de
soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron
asistencia sanitaria en dous accidentes. As ambulancias convencionais
atenderon en dúas ocasións.
En 35 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes e en seis ocasións atendeuse no propio lugar do
incidente.