A XUNTA DE GALICIA INTERVÉN A RESIDENCIA DE MAIORES PAZ Y BIEN DE TUI
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
12 01 2021

 A Xunta de Galicia vén de intervir a residencia de maiores Paz y Bien de Tui co fin de reforzar o persoal do centro. Unha vez avaliada a situación da residencia, as Consellerías de Sanidade e Política Social acordaron tomar esa medida co obxectivo de garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde, tanto das persoas usuarias como das traballadoras e traballadores do centro.

Un equipo da Consellería de Política Social está xa desprazado no centro para facer un seguimento permanente sobre a situación dos residentes, así como para vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene fronte á covid-19 aprobadas pola Xunta de Galicia.
 
Os profesionais do Sergas tamén velarán pola continuidade dunha atención sanitaria axeitada na residencia.
 
A residencia de maiores Paz y Bien de Tui rexistra 66 casos positivos entre os usuarios e 16 entre os traballadores.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss