PROFESIONAIS DA ÁREA SANITARIA DE FERROL FARÁN UN CRIBADO VOLUNTARIO PARA A DETECCIÓN DA COVID NO CONCELLO DE ORTIGUEIRA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
29 01 2021

​A Área Sanitaria de Ferrol realizará un cribado voluntario para a detección precoz da Covid no Concello de Ortigueira. Un total de seis profesionais de Enfermaría traballarán neste cribado, catro enfermeiras do centro de saúde de Ortigueira, xunto co apoio dun equipo de probas de unha enfermeira e unha técnico de Coidados Auxiliares de Enfermaría. A toma de mostras será durante tres tardes dos vindeiros luns 1, martes 2 e mércores 3 de febreiro. Realizarase unha proba nasofarínxea de antíxeno. Será na entrada do centro de saúde de Ortigueira coa colaboración deste Concello, que porá a disposición dúas carpas para maior operatividade na realización das probas.

Convocaranse por SMS ó redor de 700 persoas de entre 51 e 64 anos con tarxeta sanitaria no centro de saúde de Ortigueira, ás que se lle fará a proba de antíxeno. Lembrar que ó longo dos meses de pandemia a Dirección Xeral de Saúde Pública conxuntamente coa Xefatura Territorial de Sanidade da Xunta de Galicia determinan os colectivos ós que lle realizar estes cribados en base a análise da situación de diversos indicadores, non só os das cifras absolutas de casos.
 
A Área Sanitaria de Ferrol agradece anticipadamente a participación que pode axudar a acoutar os casos positivos e que se suma ós estudos das sospeitas e das contornas dos casos positivos detectados. De xeito global, indicar que estas probas de cribado engádense ás realizadas xa durante estes días en toda a Área de xeito sistemático a outros colectivos sociais, e residentes e profesionais dos centros sociosanitarios, entre outros.
 
Lembrar a importancia de intensificar as medidas de protección básicas, xa imprescindibles durante a pandemia, e que resultan absolutamente necesarias canto maior é o número de casos positivos no entorno como sucede na actualidade. Podemos facer moito individualmente: uso continuado da máscara, lavado ou hixiene de mans, minimizar ó máximo as interaccións sociais, evitar as aglomeracións e os sitios pechados, e ventilar os espazos. A Área Sanitaria de Ferrol reitera a necesidade de se coidar entre todos, e lembra a efectividade desas medidas para cortar a transmisión do virus.

 

SAÚDOS, COMUNICACIÓN ÁREA SANITARIA DE FERROL.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss