PROFESIONAIS DA ÁREA SANITARIA DE FERROL FARÁN UN CRIBADO VOLUNTARIO PARA A DETECCIÓN DA COVID NOS CONCELLO DE MUGARDOS E PONTEDEUME
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
02 02 2021

​A Área Sanitaria de Ferrol do Sergas realizará  esta mesma semana dous novos cribados voluntarios para a detección precoz da Covid nos Concellos de Mugardos e Pontedeume. Ámbolos dous cribados nestes Concellos serán nas tardes dos días mércores 3, xoves 4 e venres 5 de febreiro; empregaranse as probas nasofarínxeas de antíxeno; as persoas serán convocadas por SMS; e, en ámbolos dous casos tamén, será chamada a participar a poboación adscrita a eses centros de entre 40 e 50 anos.

No caso do Concello de Mugardos, realizarase na explanada do centro de saúde de Mugardos e serán convocadas no entorno de 620 persoas de entre 40 e 50 anos. Un total de cinco profesionais de Enfermaría traballarán neste cribado, tres enfermeiras do Servizo de Atención Primaria de Fene/Mugardos, xunto co apoio dun equipo de probas de unha enfermeira e unha técnico de Coidados Auxiliares de Enfermaría.

No caso do Concello de Pontedeume, farase no espazo do Punto de Atención Continuada do centro de saúde de Pontedeume; e convocaranse por SMS ó redor de 1.070 persoas, tamén de entre 40 e 50 anos. Neste caso, tamén será posible grazas ó traballo de cinco profesionais de Enfermaría, un grupo de tres enfermeiras do centro de saúde de Pontedeume, e un equipo de apoio de toma de mostras.
 
Lembrar que está en marcha xa un cribado en Ortigueira, que tiña lugar na tarde de onte, na de hoxe, e que esta previsto remate na tarde de mañá mércores, día no que estarán coincidindo os tres cribados simultaneamente. Alí en Ortigueira están implicadas un total de seis profesionais de Enfermaría, catro enfermeiras do centro de saúde de Ortigueira, xunto co apoio dun equipo de probas de unha enfermeira e unha técnico de Coidados Auxiliares de Enfermaría.
 

Agradecer o esforzo dos e das profesionais, sanitarias e non sanitarias, implicadas na organización deste cribado, e, tamén, a colaboración dos correspondentes concellos. Lembrar que ó longo dos meses de pandemia a Dirección Xeral de Saúde Pública conxuntamente coa Xefatura Territorial de Sanidade da Xunta de Galicia son os que determinan os colectivos ós que lle realizar estes cribados en base a anális

e da situación de diversos indicadores, non só os das cifras absolutas de casos.

A Área Sanitaria de Ferrol reitera o agradecemento anticipado pola participación que pode axudar a acoutar os casos positivos e que se suma ós estudos das sospeitas e das contornas dos casos positivos detectados; e  engádense ós cribados realizados de xeito sistemático a outros colectivos sociais, e residentes e profesionais dos centros sociosanitarios, entre outros.

 

Incidir unha vez máis na importancia de intensificar as medidas de protección básicas, xa imprescindibles durante a pandemia, e que resultan absolutamente necesarias canto maior é o número de casos positivos no entorno, como sucede na actualidade. Podemos facer moito individualmente: uso continuado da máscara, lavado ou hixiene de mans, minimizar ó máximo as interaccións sociais, evitar as aglomeracións e os sitios pechados, e ventilar os espazos. A Área Sanitaria de Ferrol reitera a necesidade de se coidar entre todos, e subliña o valor e a efectividade desas medidas para cortar a transmisión do virus.

SAÚDOS,
 
COMUNICACIÓN ÁREA SANITARIA DE FERROL.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss