​O 061 DE GALICIA ASISTIU A 22 PERSOAS POR 20 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 02 2021

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 22 persoas debido a 20 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 5 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 7 de febreiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con oito sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 23 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 20 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 22 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 77% e do 23% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 45% dos atendidos tiña entre 25 e 44 anos.

Por provincias,Pontevedra foi a máis sinistros rexistrou con 11 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.


Provincia
Accidentes
A Coruña
5
Lugo
3
Ourense
1
Pontevedra
11
Galicia
20


Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 26. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en dous accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 19 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria nun accidente. As ambulancias convencionais atenderon en tres ocasións.

En 19 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en tres ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss