PROFESIONAIS DA ÁREA SANITARIA FERROLÁ FARÁN UN CRIBADO VOLUNTARIO PARA A DETECCIÓN DA COVID NOS CONCELLO DE AS PONTES E MOECHE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 02 2021

​A Área Sanitaria de Ferrol do Sergas realizará  esta mesma semana dous novos cribados voluntarios para a detección precoz da Covid nos Concellos de As Pontes e Moeche. En ámbolos dous casos, as persoas implicadas serán convocadas a través de un SMS. No caso do Concello de As Pontes, realizarase na entrada do centro de saúde, e serán convocadas inicialmente no entorno de 2.000 persoas de entre 51 e 64 anos. Un total de 5 profesionais de Enfermaría traballarán neste cribado, 3 enfermeiras do Servizo de Atención Primaria de As Pontes, xunto co apoio dun equipo de probas formado por 1 enfermeira e 1 Técnico de Coidados Auxiliares de Enfermaría. Farase mostra nasofarínxea de antíxenos, ó longo de todas as tardes desta semana, a partir da tarde de mañá, martes 9 de febreiro.

No caso do cribado que se realizará no Concello de Moeche, farase no centro de saúde a ó redor de 250 persoas de entre 41 e 64 anos. Neste caso, tamén será posible grazas ó traballo de 4 profesionais de Enfermaría, 1 enfermeira do propio centro sanitario e un equipo de apoio de toma de mostras de 2 enfermeiras e 1 Técnico de Coidados Auxiliares de Enfermaría. Este cribado realizarase ó completo na tarde de mañá martes 9 de febreiro; e será con proba nasofarínxea PCR.
 
Por outra banda, engadir a estes dous cribados, que tamén, mañá martes 9, pero neste caso  pola mañá, un equipo de toma de mostras desprazarase ó Colexio Santiago Apóstol no Concello de Narón, onde se fará probas a máis de 170 alumnos que se suman ós case 200 pais de nenos destes centros que xa acudían ós puntos autocovid do Hospital Novoa Santos durante esta pasada fin de semana.
 
Por último, lembrar que hoxe púñase en marcha na Área un cribado no Concello de Fene, que se estará a realizar con mostra de saliva, a 7.700 persoas deste Concello, durante toda a semana, incluídos todos os centros docentes deste Concello, como informaba alí mesmo en Fene esta mañá o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
 
Novamente, agradecer o esforzo dos e das profesionais, sanitarias e non sanitarias, implicadas na organización destes cribados, e, tamén, a colaboración dos correspondentes concellos. Lembrar que ó longo dos meses de pandemia a Dirección Xeral de Saúde Pública conxuntamente coa Xefatura Territorial de Sanidade da Xunta de Galicia son os que determinan os colectivos ós que lle realizar estes cribados en base a análise de diversos factores e da situación de  distintos indicadores, e non só os das cifras absolutas de casos.
 
A Área Sanitaria de Ferrol reitera o agradecemento anticipado pola participación da poboación que pode axudar a acoutar os casos positivos, e sumarse así ós estudos das sospeitas e das contornas dos casos detectados. Estes cribados engádense ós xa realizados dende hai meses de xeito sistemático a outros colectivos sociais, ou residentes e profesionais dos centros sociosanitarios, entre outros.
 
Incidir unha vez máis na enorme importancia de intensificar as medidas de protección básicas, xa imprescindibles durante a pandemia, e que resultan absolutamente necesarias canto maior é o número de casos positivos no entorno. Pódese facer moito individualmente e non baixar a garda en ningún momento: uso continuado da máscara, lavado ou hixiene de mans, minimizar ó máximo as interaccións sociais, evitar as aglomeracións e os sitios pechados, e ventilar os espazos. A Área Sanitaria de Ferrol reitera a necesidade de se coidar entre todos, e subliña o valor e a efectividade destas medidas individuais que seguen a ser as ferramentas más efectivas para cortar a transmisión do virus.
 

 

SAÚDOS,
COMUNICACIÓN ÁREA SANITARIA DE FERROL.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss