GALICIA XA VACINOU A 1.656 PROFESIONAIS DOS SAF E CONTINÚA CO PROCESO DE CITACIÓN DOUTROS 6.184 PARA A SÚA VACINACIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
17 02 2021

A Xunta de Galicia continúa avanzando no desenvolvemento do Plan galego de vacinación fronte ao SARS-Cov2, aliñado coas directrices marcadas pola Comisión Nacional de Saúde Pública na Estratexia nacional de vacinación COVID-19. Deste xeito, Galicia está xa a vacinar ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar, explicitamente incluído no grupo 3B da devandita Estratexia. A este respecto, solicitou o pasado 22 de xaneiro á Federación Galega de Municipios e Provincias que trasladase aos concellos a necesidade de remitir a información do persoal dos seus SAF, convenientemente acreditada por unha persoa responsable do concello, fose o secretario ou secretaria municipal ou o propio alcalde ou alcaldesa.

Froito desa comunicación, a Consellería de Sanidade foi recibindo ao longo destes días, ben a través da FEGAMP ou ben a través dO envío directo polos propios concellos, as listaxes correspondentes a 240 concellos. Hoxe mesmo, a FEGAMP comunicou á Consellería a recepción das listaxes de 30 concellos máis que remitirá mañá, tras procesar os datos.
 
A medida que foi contando con esa información, a Xunta de Galicia procedeu xa á administración da vacina a un total de 1.656 persoas traballadoras dos SAF e avanzou no proceso de citación para proceder a vacinar a 6.184, máis que foron identificados nas últimas listaxes recibidas e aos que se sumarán os das listaxes que se reciban mañá.
 
 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss