A XUNTA DE GALICIA INICIA A VACINACIÓN FRONTE Á COVID A MAIORES DE 80 ANOS DA ÁREA COMPOSTELÁ
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
19 02 2021

​A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza realiza hoxe a pilotaxe da vacinación fronte á covid a maiores de 80 anos de Galicia. Nesta semana, un equipo de 10 traballadores de servizos xerais e un coordinador empezaron a contactar con máis de 34.000 octoxenarios que restan por vacinar na área sanitaria compostelá, e que se virán sumar aos máis de 3.000 maiores de máis de 80 anos xa vacinados nas Residencias Sociosanitarias.

Citouse a 569 persoas en 8 puntos de vacinación para administrarlles a vacina contra a covid.
 
O persoal de enfermería dos 8 equipos de vacinación da área desprazaranse, a partir do luns e de xeito paulatino, aos 16 puntos de vacinación nos que ata o venres da próxima semana citaranse a uns 5.500 usuarios maiores de 80 anos.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss