O SERGAS PUBLICA AS PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS DO PROCESO DE ACTUALIZACIÓN DE LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
25 02 2021

​O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á relación provisional de admitidos/excluidos coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de: celador, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais, técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico superior en dietética e nutrición, técnico superior en documentación sanitaria, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, e técnico superior en radioterapia.

Xeráronse un total de 32.687 inscricións. A categoría con maior número de solicitudes é a de celador, con 10.108 inscricións.
 

As listas atópanse publicadas, a disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Próximas publicacións
Proximamente publicaranse as listas definitivas do proceso de actualización das seguintes categorías: enfermeiro especialista en enfermería de saúde mental, enfermeiro especialista en enfermería do traballo, enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria, enfermeiro especialista en enfermería obstétrico-xinecolóxica, enfermeiro especialista en enfermería pediátrica, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias e pediatra de atención primaria.
 
Así mesmo, publicaranse as puntuacións provisionais do primeiro proceso de xeración de listas pola quenda de discapacidade intelectual, na categoría de celador.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss