A Consellería de Sanidade comeza esta tarde a vacinación das persoas entre 50 e 55 anos, cun plan piloto na Cidade da Cultura de Santiago con 1.000 persoas da área sanitaria compostelá. Para este sábado está prevista a vacinación doutras 19.000 persoas, no resto das áreas sanitarias galegas.