A XUNTA DE GALICIA REFORMA O CENTRO DE SAÚDE DE BERTAMIRÁNS CON OBRAS POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 300.000 €
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
18 03 2021

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2021.- A Xunta de Galicia inicia estes días a reforma do Centro de Saúde de Bertamiráns que contará cun investimento de 307.481 euros e ten un prazo de 5 meses para a súa execución. A reforma conlevará a substitución da cuberta, o pintado exterior e interior, a reforma integral da iluminación, cambios na distribución interior e nos acesos. Así mesmo levaranse a cabo diversas obras para a mellora da eficiencia enerxética.

 

 

 

No acto de inicio desta actuación, a xerente da área sanitaria, Eloína Núñez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor e membros do concello de Ames, a xerente lembrou o incremento de profesionais sanitarios do centro (1 médico e 1 enfermeira) a destacou a apertura dun novo centro de saúde en Milladoiro, que incorpora a consulta de Odontólogo, hixienista dental e Fisioterapia ao concello de Ames. Así mesmo subliñou que se valorou “a posible ampliación de consultas para os profesionais” no centro de saúde de Bertamiráns cuxa viabilidade pasa pola cesión de terreos adxacentes por parte do concello.

 

 
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss