​A XUNTA MANTERÁ O NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS NO CONCELLO DE BEADE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
26 03 2021

 

A Xunta de Galicia manterá o nivel máximo de restricións no concello de Beade, logo de escoitar as recomendacións do subcomité clínico de expertos que avalía a situación da covid-19 en Galicia e que se reuniu esta  mañá.
 
Así mesmo, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións en dez concellos galegos, concretamente en Maside, Vilardevós, Cortegada, Abegondo, Ortigueira, O Saviñao, Baiona, Sanxenxo, Pazos de Borbén e Padrenda.
 
Quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Arteixo, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Camariñas Cangas, O Carballiño, Carral, Celanova, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Laxe, Neda, Pantón, Ribadavia, Sober e Xinzo de Limia.
 
No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
 
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, día 29 de marzo.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss