O 061 DE GALICIA ASISTIU A 69 PERSOAS POR 53 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
29 03 2021

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a din de semana a 69 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 26 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 28 de marzo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 23 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 53 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 69 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 57% e do 43% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 32% dos atendidos tiña entre 15 e 29 anos.

Por provincias, A Coruña foi a máis sinistros rexistrou con 25 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
25
Lugo
3
Ourense
1
Pontevedra
24
Galicia
53
 
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 67. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 54 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria catro accidentes. As ambulancias convencionais atenderon en dúas ocasións.
 
En 59 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto do sinistro.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss