A XUNTA DE GALICIA CONTINÚA TODA ESTA SEMANA SANTA COA VACINACIÓN DOS MAIORES DE 80 ANOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
01 04 2021
 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantivo hoxe unha reunión de traballo co equipo directivo do seu departamento, coa fin de seguir planificando o operativo de vacinación dos diferentes colectivos. O executivo galego quere remarcar que, neste proceso de vacinación, os maiores de 80 anos son a súa prioridade. A vacinación dos maiores de 80 anos continúa toda esta Semana Santa, e seguirá a levarse a cabo en centros de saúde, dispositivos máis cercanos á cidadanía, co que se facilita a mobilidade deste colectivo.

Unha vez que se remate coa vacinación da primeira dose neste colectivo, comezarase a vacinar ás persoas do grupo entre 79 e 75 anos.
 
Ante a próxima chegada, entre o venres e o luns, dun número importante de vacinas, a Xunta de Galicia traballa na programación da vacinación masiva en grandes espazos. En concreto, da vacina de AstraZeneca, está previsto que cheguen mañá 58.000 doses.
 
A Xunta de Galicia traballa, pois, xa nesa programación masiva que se levará a cabo en grandes espazos. Está programación realízase contando sempre cunha reserva das vacinas de AstraZeneca e Moderna, o que permite unha marxe de manobra por se volven fallar os subministros, como xa sucedeu. Esta estratexia posibilitou á Xunta de Galicia poder administrar segundas doses cando se retrasaron, suspenderon ou diminuiron os envíos.
 
Polo que atinxe á presente semana, a Xunta de Galicia ten previsto poñer 100.000 vacinas, entre os centros de saúde e hospitais nos que se está a vacinar nas catro provincias galegas.
 
É necesario sinalar, tamén, respecto das distintas velocidades de cada comunidade á hora de poñer vacinas, que, no ritmo de inmunización, tamén inflúe, significativamente, a dispersión poboacional. Neste sentido, a Xunta de Galicia aposta pola atención primaria no proceso de vacinación, e o está a facer a través dos centros de saúde, o que tamén posibilita vacinar todos os días.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss