O 061 DE GALICIA ASISTIU A 105 PERSOAS POR 76 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A SEMANA SANTA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 04 2021

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Semana Santa a 105 persoas debido a 76 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do mércores, 31 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 4 de abril. Os días que rexistraron máis incidentes foron o mércores e o sábado con 20 sinistros ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 92 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 76 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 105 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 64% e do 36% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 32% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.
 
Por provincias, A Coruña foi a máis sinistros rexistrou con 33 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 

Provincia
Accidentes
A Coruña
33
Lugo
9
Ourense
4
Pontevedra
30
Galicia
 

 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 98. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en s recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 98. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en oito accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 72 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 11 accidentes. As ambulancias convencionais atenderon en sete ocasións.

En 91 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 13 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss