A XUNTA SUSPENDE A VACINACIÓN CON ASTRAZENECA DAS PERSOAS MENORES DE 60 ANOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 04 2021
 

A Xunta de Galicia suspende a administración das vacinas de Astrazeneca nas persoas menores de 60 anos. Así, na xornada de hoxe desconvocou ás 1.403 persoas, pertencentes aos colectivos profesionais esencias, que estaban chamadas a vacinarse hoxe con Astrazeneca. Ademais, o Servizo Galego de Saúde tamén está a reprogramar as citas dalgunhas persoas maiores de 60 anos, debido ao axuste das doses en cadansúa área sanitaria.

As decisións foron adoptadas trala da xuntanza do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde que se celebrou onte, e na que se acordou suspender a inoculación da vacina elaborada pola farmaceútica británica, nas persoas menores de 60 anos.
 
O acordo incide naqueles grupos poboacionais que pertencen ás profesións definidas como esencias para a sociedade dentro da Estratexia de Vacinación establecida polo Ministerio de Sanidade, aos que se lles reprogramará as súas citas. Neste senso, en Galicia hoxe estaba prevista a vacinación de docentes e persoal de Educación Infantil e Especial, centros de menores, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ou Servizo Marítimo, entre outros.
 
Por áreas sanitarias a reprogramación afecta a 220 persoas na área sanitaria de Coruña-Cee; 161 na área de Lugo, A Mariña e Monforte; 505 na área de Vigo; 400 na área de Santiago-Barbanza e 117 na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. No que atinxe ás areas de Ferrol e Pontevedra-O Salnés, na xornada de hoxe non estaban programadas as vacinacións de colectivos esenciais.
 
Ate o de agora, o número total de vacinas de Astrazeneca administradas en Galicia é de 140.903 doses.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss