​SANIDADE ESTABLECE O NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS NOS CONCELLOS DA POBRA DO CARAMIÑAL, O GROVE, CUALEDRO E CARBALLEDA DE VALDEORRAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
16 04 2021

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos da Pobra do Caramiñal, O Grove, Cualedro e a Carballeda de Valdeorras.

Así mesmo, o grupo de expertos tamén determinou o nivel alto de restricións en 9 concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Cortegada, O Barco de Valdeorras, Padrenda, Rubiá, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre.
 
Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais do Irixo, A Pobra do Brollón, Meira, Trabada, Ribeira, Carral, Muxía, As Pontes, Ortigueira, Cambados, Catoira, Cangas, Marín, Meis, Gondomar, Vilanova de Arousa, Vilaboa, Soutomaior, Sanxenxo, Ribadumia, Meaño, As Neves, A Illa e Vilagarcía de Arousa.
 
No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
 
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 19 de abril.

 

Máis de 25.000 persoas chamadas a participar nos cribados poboacionais
A Xunta de Galicia continúa a adoptar medidas para facer fronte a expansión do coronavirus na comunidade galega. Deste xeito, na vindeira fin de semana máis de 25.000 persoas están chamadas a participar nos cribados que procuran identificar novos casos asintomáticos entre a poboación.
 
Así, xunto co cribado das máis 10.000 persoas, de entre 20 e 40 anos, que botou a andar pasado o luns na cidade da Coruña, a Dirección Xeral de Saúde Pública convocará nesta fin de semana no Concello de Cambre a outras 3.000 persoas, de entre 40 e 59 anos, para realización de probas diagnósticas. Ademais, 900 veciños e veciñas do Concello de Rois, con idades comprendidas entre 40 e 54 anos, serán chamados á realización de test de antíxenos.
 
De acordo aos últimos datos epidemiolóxicos, Sanidade acordou citar a preto de 3.600 persoas, de entre 18 e 74 anos, dos concellos do Barco de Valdeorras, Cualedro e Rubiá; e a 3.100 persoas do concello pontevedrés de Vilanova de Arousa.
 
No que atinxe a área sanitaria de Vigo, Saúde Pública definiu a realización de probas PCR ao grupo de poboación con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. Deste xeito, preto de 4.000 vigueses están chamados a participar nos cribados desta fin de semana.
 
Por outra banda, na xornada de mañá, na área de sanitaria de Lugo, citaranse a 400 persoas no Concello de Meira e; a outras 400 persoas na área sanitaria de Ferrol, nomeadamente, no municipio de Ortigueira,

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss