SANIDADE ESTABLECE O NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS NOS CONCELLOS DO GROVE, A POBRA DO CARAMIÑAL, CARBALLEDA DE VALDEORRAS, E CUALEDRO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 04 2021
 

​O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos do Grove, A Pobra do Caramiñal, Carballeda de Valdeorras, e Cualedro.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Marín, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Padrenda, Cortegada, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Lobeira, Muiños, Petín, Meira, Ribeira, e Cambre.

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos concellos de Trabada, Barreiros, Lobios, Cartelle, Cambados, Catoira, Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa, Meis, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Ponteareas, Vigo, Boiro, Rianxo, Carral, Muxía, As Pontes de García Rodríguez, e Ortigueira.
 
No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
 
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 23 de abril.
 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss