DÍA COMPLETO DE VACINACIÓN NA ÁREA SANITARIA DE FERROL, O PRIMEIRO NO QUE SE ADMINISTRAN AS CATRO VACINAS Á VEZ
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
23 04 2021

​Continúa a a actividade diaria de vacinación fronte a Covid na Área Sanitaria de Ferrol e hoxe mesmo prodúcese a peculiaridade de que os equipos de vacinación están a administrar por primeira vez de xeito simultáneo as catro vacinas que existen. Na xornada de hoxe, vacínanse ó longo de todo ó día ó redor de 1.600 persoas coa vacina de Astra Zéneca no punto de vacinación masiva do recinto de FIMO. As 150 primeiras vacina de Janssen, que precisan dunha soa dose, administrábanse onte por primeira nos domicilios e continúan hoxe cunha cifra semellante. Segue a protexerse tamén ás persoas nos grupos ós que se lle administra Moderna. E continúa a actividade diaria coas segundas doses ós maiores de 80 nos centros de saúde e os domicilios con Pfizer.

Por outra banda, esta fin de semana pasarán polo punto de vacinación do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario de Ferrol máis de 500 maiores de 80 anos cada día (sábado, domingo, e luns) para completar a dose de protección, xa que se que cumpren os 21 días trala vacinación con Pfizer durante a Semana Santa. A vacinación masiva volverá a FIMO os vindeiros martes e mércores coa previsión dunhas 3.200 persoas convocadas para a vacina de Pfizer no tramo de idade de entre 70 e 79. E o mércores tamén se habilitará novamente o punto do Hospital Naval para as segundas doses con Moderna (28 días despois) trala Semana Santa.
 
En termos xerais, recordar que se continúa a vacinar diariamente nos dez puntos de vacinación dos centros de saúde ás persoas maiores de 80 anos e coa vacinación domiciliaria de inmobilizados e grandes dependentes (agora tanto con Pfizer nas segundas doses como con Janssen). En FIMO vacínanse os grupos de 60 a 69 con Astra Zéneca e de 70 a 79 con Pfizer. E o recinto hospitalario é o punto de vacinación máis versátil que xa acolleu ós e ás profesionais da Área, de colectivos esenciais (Policía, profesores, Bombeiros...), e o grupo das persoas con patoloxías de risco, que inclúe persoas en tratamento quimioterápico/radioterápico activo, enfermidade metastásica, persoas en diálise, pacientes VIH, persoas con inmundeficiencias primarias, pacientes transplantados e persoas con Síndrome de Down maiores de 40 anos, tal e como acordou o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.
 
En termos globais, dende o inicio da vacinación en decembro de 2020, administráronse na Área Sanitaria de Ferrol xa un total de 67.991 vacinas fronte a Covid, e 16.638 persoas teñen xa as dúas doses. remarcar que tódalas accións que se realizan en relación coa vacinación están supeditadas á chegada de vacinas; e o tipo de vacina que chega, xa que estas están destinadas a un ou a outro grupo de idade. O obxectivo e ir adiantando ó máximo o proceso de protección en canto chegan as vacinas, de aí que estean en marcha distintos grupos de idade en paralelo.
 
A Área Sanitaria de Ferrol quere subliñar novamente o agradecemento ás persoas que están a colaborar para facer isto posible, ós e ás profesionais da Área, ós colaboradores dos Concellos, e ás persoas que optan pola súa protección e a do seu entorno ó dicir que si á vacina.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss