O 061 DE GALICIA ASISTIU A 39 PERSOAS POR 34 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
26 04 2021
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 39 persoas debido a 34 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 23 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 25 de abril. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 18 sinistros.
 

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 45 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 34 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 39 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61,5% e do 38,5% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 36% dos atendidos tiña entre 25 e 39 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a máis sinistros rexistrou con 19 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
10
Lugo
3
Ourense
2
Pontevedra
19
Galicia
34
 
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 39. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en dous accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 35 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes.

En 32 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss