SANIDADE DESTINA 252.000 EUROS A PROGRAMAS DE INCORPORACIÓN SOCIAL PARA PACIENTES DE UNIDADES DE DROGODEPENDENCIAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
28 04 2021

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinou hoxe, convenios de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e diversas asociacións para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos, por un importe de 252.659 euros. No acto estivo presente, asi mesmo, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas.

As subvencións  foron concedidas á Asociación ATOX-Ourense, á Asociación Antonio Noche; á Asociación Aliad-Ultreia de Lugo; á Fundación Érguete-Integración; á Asociación Vieiro; á Asociación Rexurdir Provincial; e á Asociación Renacer.
 
A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde ocúpanse da programación, coordinación e xestión de accións e medidas dirixidas a reducir a demanda do consumo de drogas, a facilitar a prestación de servizos asistenciais e a promover a incorporación social de pacientes drogodependentes. Entre outros, teñen entre os seus obxectivos a cooperación con institucións públicas e privadas nas distintas vertentes da problemática das drogodependencias e o desenvolvemento, xestión e coordinación dos programas asistenciais e de incorporación social do consumo de drogas en Galicia.
 
Estes convenios asinados hoxe compleméntanse cos autorizados recentemente polo Consello da Xunta con diferentes asociacións sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de programas de asistencia a pacientes con trastornos adictivos, por un importe de 5,8 millóns de euros.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss