OS DOENTES DE ORDES E BISBARRA CONTARÁN CUNHA UNIDADE DE SAÚDE MENTAL NO CENTRO DE SAÚDE DENDE A VINDEIRA SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
28 04 2021

Santiago, 28 de abril de 2021-  Os doentes de Ordes, Frades, Mesía, Tordoia e Trazo, contarán desde a vindeira semana cun novo servizo no ámbito da Atención Primaria. Trátase da Unidade de Saúde Mental que se creará no Centro de Saúde de Ordes en horario de tarde. Esta mellora na atención sanitaria, enmarcada no Plan de Saúde Mental de Galicia post Covid-19, suporá o achegamento da atención en saúde mental aos doentes desta comarca coa próxima incorporación de 5 profesionais (1 psicólogo, 2 psiquiatras, 1 enfermeira, 1 Traballador Social).

 

 
O Servizo de Psiquiatría e promoción da Saúde Mental da área sanitaria compostelá  ocúpase da prevención, avaliación, diagnóstico, tratamento e rehabilitación dos trastornos mentais e do comportamento da área Sanitaria de Santiago de Compostela.
 
O servizo conta coa estrutura de dispositivos asistenciais máis completa da comunidade. Na actualidade, existe unha única cultura e pleno funcionamento coordinado de todos os dispositivos de atención psiquiátrica e saúde mental da área, con funcionamento integrado coas unidades de atención a drogodependentes, en base á atención comunitaria, que ten como eixo central as unidades de saúde mental e como filosofía a continuidade de coidados de saúde en coordinación con Atención Primaria.
 
Os profesionais de saúde mental da sanidade pública compostelá buscan adaptarse ás novas demandas emerxentes, sentidas pola poboación e o resto dos profesionais da medicina. Ofrecen os últimos avances tecnolóxicos, unidos á histórica experiencia clínica demostrada, sempre desde a perspectiva da evidencia científica, adaptada á nosa realidade sociocultural e ao mellor aproveitamento posible dos recursos.
 
Traballan pola mellora da integración dos pacientes na sociedade tratando os seus síntomas e discapacidades, favorecendo a adquisición de habilidades e erradicando o estigma negativo da enfermidade mental.
 
O Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid 19 busca a promoción da saúde mental, a prevención dos trastornos mentais e a diminución do impacto que o padecemento dun trastorno mental ten nas persoas e nas súas familias e achegados. O Plan pon especial énfase na atención á infancia e aos nosos maiores, no incremento dos programas de intervención comunitaria e no número de prazas en recursos específicos dirixidos as persoas con trastorno Mental.
 

 

Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss