SANIDADE ESTABLECE O NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS NOS CONCELLOS DE VILANOVA DE AROUSA, CUALEDRO E LAZA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
30 04 2021
 

​O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Petín, A Merca, A Pastoriza, Mesía, Ribeira, Padrón, Marín, O Grove, Meaño, Cambados, Salceda de Caselas, Gondomar, Ponteareas e Coristanco.
 
Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais de Muíños, Verea, O Barco de Valdeorras, Cartelle, Lobios, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Carballeda de Valdeorras, Meira, Chantada, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Melide, Carnota, Ordes, Lalín, Silleda, Ribadumia, Poio, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Nigrán, O Porriño, Tui, Vigo, A Laracha, Betanzos, Cambre, Carballo e Ares.
 
No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
 
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 3 de maio.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss