FIN DE SEMANA DE VACINACIÓN EN FIMO COMPLETANDO AS DOSES DE PFIZER A MÁIS DE 5.900 PERSOAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
30 04 2021

​A vacinación fronte a Covid continúa esta fin de semana en FIMO, e por este recinto pasarán entre hoxe venres, o sábado e o domingo preto de 5.900 persoas para completar o proceso coa administración da segunda dose da vacina de Pfizer, no grupo de persoas entre 70 e 79 anos. Por outra banda, nos puntos de vacinación do ámbito hospitalario continúase tamén coa administración das doses que completan a pauta das persoas maiores de 80 anos que acudían en Semana Santa para recibir a vacina de Moderna. A estas proteccións engádese a vacinación en domicilio que tampouco cesa nos vindeiros días.

En termos globais, dende o inicio da vacinación en decembro de 2020, administráronse na Área Sanitaria de Ferrol xa un total de 80.615 vacinas fronte a Covid, e 20.615 persoas teñen xa as dúas doses. Remarcar novamente que tódalas accións que se realizan en relación coa vacinación están supeditadas á chegada de vacinas; e o tipo de vacina que chega, xa que estas están destinadas a un ou a outro grupo de idade. O obxectivo e ir adiantando ó máximo o proceso de protección en canto chegan as vacinas, de aí que estean en marcha distintos grupos de idade en paralelo.
 
A Área Sanitaria de Ferrol quere reiterar, unha vez máis o enorme agradecemento ás persoas que están a colaborar para facer isto posible, ós e ás profesionais da Área, ós colaboradores dos Concellos, e ás persoas que optan pola súa protección e a do seu entorno ó dicir que si á vacina.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss