O XERENTE DO SERGAS, JOSE FLORES, E O DIRECTOR DE ASISTENCIA SANITARIA, JORGE ABOAL, VISITAN O CENTRO DE SAÚDE DE AS PONTES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
04 05 2021

​O xerente do Sergas, Jose Flores Arias, e o director de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal Viñas, estiveron esta mañá cos profesionais do centro de saúde de As Pontes da Área Sanitaria de Ferrol. Estes integrantes do departamento sanitario da Xunta de Galicia fixeron esta visita rutineira para coñecer de primeira man a situación da Atención Primaria na Área Sanitaria ferrolá.


Estiveron acompañados polo xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio Villanueva, e membros da Dirección de Atención Primaria da Área. Neste encontro aproveitaron para coñecer ó novo responsable do centro, o facultativo Pablo Pérez Hermida, cuxo nomeamento publicábase onte no Diario Oficial de Galicia.


O xerente do Sergas e o director de Asistencia Sanitaria do Sergas interesáronse por este centro, que abrangue un total de máis de 12.800 tarxetas, das que 1.073 son de menores de 14 anos. Neste senso, destacar que se ven de incorporar hai dez días unha nova pediatra que se une á titular previa, repartindo así o cupo de menores entre as dúas profesionais de pediatría.

 

Un total de 43 profesionais desenvolven o seu traballo neste Concello tanto no centro de saúde como no Punto de Atención Continuada. Os e as profesionais deste centro realizaron más de 103.000 actos sanitarios durante o pasado ano 2020, a pesar da pandemia. Un total de 59.551 consultas de medicina xeral; 32,124 de Enfermaría; 5.576 actos de pediatría; 2.210 de Odontoloxía e 167 de hixiene bucodental; 1.900 actos de farmacia; e 2.624 de matrona.

 

Na  carteira de Servizos de As Pontes figuran tódalas Unidades de Apoio: Atención adolescente/adulto/ancián; Atención ó paciente crónico; Atención domiciliaria; Atención á muller; Programa do neno san; Atención-tramitación administrativa; Control do tratamento con anticoagulantes orais; IANUS; Cirurxía menor; Saúde bucodental; Fisioterapia; Teleoftamoloxía; Teledermatoloxía; Teleneuroloxía, ademais de e-consulta noutras especialidades; Atención farmacéutica; Ecografía; Espirometría; Citoloxía; Cribado cancro colorrectal; e Punto de Atención Continuada. O Punto de Atención Continuada do centro de saúde de As Pontes atende á demanda de asistencia sanitaria fóra do horario ordinario, de 15:00 a 08:00 horas, e os festivos as 24 horas. 

 

SAÚDOS, 

COMUNICACIÓN ÁREA SANITARIA DE FERROL.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss