A ÁREA SANITARIA COMPOSTELÁ INCORPORA UNHA NOVA ÁREA DE REPROCESAMENTO DE ENDOSCOPIOS PIONEIRA EN ESPAÑA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 06 2021

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2021.- A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza ven de incorporar esta semana un pioneiro sistema integral e automatizado de reprocesamento de endoscopios que converte á súa unidade de endoscopias na primeira de España en contar con esta tecnoloxía de xeito completo. A posta en marcha desta nova área de reprocesamento diminúe considerablemente o tempo de tratamento polo que permitirá ampliar a actividade da unidade. Ademais garante a total asepsia do material empregado así como a súa trazabilidade nas máis de 22.000 endoscopias que realiza ao ano, circunstancia especialmente importante para a seguridade dos doentes dada a aparición de xermes cada vez máis resistentes en contornas hospitalarias.

 

 
Segundo subliña Enrique Dominguez, xefe do Servizo de Aparato Dixestivo da área sanitaria “é un proxecto absolutamente novidoso, que supón un paso enorme no manexo dos endoscopios usados nos doentes, representa outro nivel de asepsia absolutamente distinto, no que non pode haber o máis mínimo erro porque o propio sistema non o permite”. Pola súa banda, a xerente da Área Sanitaria de Santiago, Eloína Núñez, destacou, na visita á nova área, a indubidable calidade asistencial do servizo de Dixestivo mentres que confirmou o compromiso da xerencia coa posta en marcha dos “proxectos innovadores e claramente beneficiosos para a seguridade dos doentes e benestar dos traballadores”.
 
Así, a Unidade de Endoscopias do Hospital Clínico é a primeira en España en contar con este novo circuíto integral altamente automatizado que posibilita unha separación radical da zonas de limpo e sucio. O novo sistema de lavado, esterilización, secado, conservación e trazabilidade de endoscopios está ubicado en 2 salas contiguas (sala de limpo e sala de sucio) e comunicadas internamente polas lavadoras de dobre porta.
 
Na sala de sucio realízase a preparación do material tralo seu uso para pasar posteriormente ás lavadoras nesa mesma sala. Tralo proceso de ultra desinfección e esterilización son recollidas pola porta de saída na contigua sala de limpo, onde se secan e almacenan, rexistrando a trazabilidade de todo o material tras asegurar unha asepsia completa.
 
A nova área está composta por lavadoras esterilizadoras dobres e asíncronas de dobre porta, armarios de secado e conservación, carros de transporte e almacenamento, programa de xestión e trazabilidade total do proceso de lavado, esterilización e conservación. Permite unha gran automatización de todo o proceso, que redunda tamén nunha maior ergonomía e seguridade dos traballadores.
 
O proceso foi deseñado coa participación dos propios profesionais da Unidade de Endoscopias compostelá para acadar unha maior eficacia, de xeito que este proxecto xa foi presentado no congreso anual da especialidade polo xefe do servizo e mesmo xa hai hospitais nacionais interesados en instalar procesos semellantes.
 
A Unidade de Endoscopias de do Hospital Clínico de Santiago, foi a única en España en poder participar cunha intervención en directo no congreso anual Endoscopy on the air que congregou ao longo do día de onte a máis de 20.000 especialistas de todo o mundo de xeito virtual.
 

 

Saúdos,

 

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss