O 061 DE GALICIA ASISTIU A 55 PERSOAS POR 44 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
07 06 2021
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 55 persoas debido a 44 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 4 de xuño, ata as 23,59 horas do domingo, 6 de xuño. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 23 sinistros.

 
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 55 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 44 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 55 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 62% e do 38% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 38% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 19 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
19
Lugo
8
Ourense
5
Pontevedra
12
Galicia
44

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 57. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en catro accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 41 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes. As ambulancias convencionais atenderon en seis ocasións.

En 49 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss