O CONSELLEIRO DE SANIDADE DESTACA O COMPROMISO CONSTANTE DA NOSA COMUNIDADE NA LOITA CONTRA A MENINXITE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 06 2021
 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, inaugurou hoxe pola mañá, na Fundación Abanca de Santiago, a exposicion “As caras da meninxite”, destacando todo o traballo que desenvolve a Asociación Española contra a Meninxite, que non cesa no seu esforzo, no seu compromiso nin na súa ilusión. Na súa intervención, o máximo responsable sanitario remarcou que, dende hai anos, Galicia mantén un compromiso constante na loita contra esta enfermidade, baseándose en dous piares que son “a vixilancia epidemiolóxica e os programas de vacinación”.

Tal e como subliñou o conselleiro, Galicia foi pioneira nesta loita, levando a cabo procesos de vacinación masiva na infancia e na adolescencia. Tamén foi pioneira en incorporar a vacina fronte ao meningococo C no seu calendario infantil.

A nosa Comunidade Autónoma foi incorporando melloras técnicas aos programas de vacinación, como a redución das pautas ou os cambios nas idades de administración. Un destes cambios, produciuse hai dous anos, ao substituír do calendario a vacina monovalente fronte ao meningococo C dos 12 anos, por unha tetravalente que, ademais, protexe fronte aos serogrupos A, Y e W, remarcou García Comesaña.

 

Segundo dixo o conselleiro, “Galicia vai continuar por esta liña de abordaxe da enfermidade para acadar o obxectivo que todos ansiamos, que a meninxite pase a ser unha enfermidade do pasado”.

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss