SANIDADE ESTABLECE O NIVEL MEDIO DE RESTRICIÓNS NOS CONCELLOS DE CAMARIÑAS, MALPICA DE BERGANTIÑOS E SOUTOMAIOR
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
15 06 2021

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza desta tarde o nivel medio de restricións para os concellos de Camariñas, Malpica de Bergantiños e Soutomaior.
 
Os restantes  concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
 
O comité reunirase de novo o vindeiro martes para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.
 
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 19 de xuño.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss