​A DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PUBLICA AVALÍA A PILOTAXE DO OCIO NOCTURNO COS RESPONSABLES DOS LOCAIS PARTICIPANTES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
16 06 2021

 

A directora xeral de Saúde Pública, Carme Durán, e os xerentes dos seis locais que participaron na pilotaxe do protocolo do ocio nocturno, o pasado sábado 12 de xuño, mantiveron esta mañá unha xuntanza para avaliar o funcionamento das medidas establecidas pola Consellería de Sanidade.
 
Na compaña da subdirectora de progamas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde, Inés Mato; e a xefa de Servizo de Control e Auditorías, Marta Piñeiro; a  reunión serviu para valorar o grao de adecuación das medidas, así como para considerar se é preciso implementar algún tipo de axuste ou modificación nas normas fixadas até o de agora.
 
Nestes momentos, a Dirección Xeral de Saúde Pública está a analizar os datos dos medidores de CO2 de cada un dos locais participantes. Neste senso, e tras avaliar tamén o resultado das probas PCR que se lle realizarán, a comezos da semana que vén, ás persoas asistentes á pilotaxe, o departamento sanitario  confeccionará un informe no que se recollerán todas as conclusións que marcarán o funcionamento do ámbito do ocio nocturno en Galicia.
 
De cumprirse os valores fixados polas autoridades sanitarias, a Xunta de Galicia traballa coa posibilidade de permitir a reapertura destes locais de lecer o vindeiro día 1 de xullo.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss