O 061 DE GALICIA ASISTIU A 59 PERSOAS POR 48 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA DA OPERACIÓN SAÍDA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 07 2021
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana da Operación Saída 59 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 2 de xullo, ata as 23,59 horas do domingo, 4 de xullo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 19 sinistros.
 
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 48 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 59 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 72% e do 28% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 35% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos. Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 22 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
Accidentes
A Coruña
22
Lugo
5
Ourense
6
Pontevedra
15
Galicia
48
 
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 59. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en tres accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 46 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove accidentes.
 
En 52 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss