SANIDADE ESTABLECE O NIVEL ALTO DE RESTRICIÓNS NOS CONCELLOS DE SARRIA, CAMBADOS, A ILLA DE AROUSA, VILANOVA DE AROUSA E VILAGARCÍA DE AROUSA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
06 07 2021

​O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Ribadavia, Ourense, Barbadás, Caldas de Reis., Poio, Pontevedra, Marín, Redondela e Salceda de Caselas.
 
Os restantes  concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

 
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 10 de xullo

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss