A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE INVITA Á CIDADANÍA A DOAR SANGUE, ESPECIALMENTE NO VERÁN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
07 07 2021

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento xeneralizado á participación da cidadanía dos grupos A Positivo, B Positivo, Cero Positivo e, moi especialmente, do Cero Negativo. As reservas destes catro grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan unha media de 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.

 
Desde ADOS convídase a todos os galegos a continuar amosando o seu carácter solidario para incrementar o numero de doazóns. A demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios non diminúe no verán, polo que se necesita da colaboración e xenerosidade de todos para conseguir entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias.
 
Desprazamentos
As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, visitarán ao longo destes días, numerosos concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.
 
ADOS agarda contar de novo coa solidariedade e colaboración da cidadanía e efectuará os seguintes desprazamentos:

  

DATA
CONCELLOS
Mércores 7 de xullo
Escola de Especialidades Antonio Escaño (Ferrol), Praza Conchiñas (A Coruña), Barrio das Flores (A Coruña), Área Central-Fontiñas (Santiago), Bertamiráns (Ames), Zona Herrería (Pontevedra), Zona O Calvario e Avda. Martínez Garrido (Vigo), Viveiro, A Valenzá-Barbadas.
Xoves 8 de xullo
Escola de Especialidades Antonio Escaño (Ferrol), Cantón-Obelisco (A Coruña), Pastoriza (Arteixo), A Pobra Caramiñal, Bertamiráns (Ames), Vilagarcía de Arousa, Salvaterra do Miño, Baiona, Viveiro, Montederramo, Beade e Leiro.
Venres 9 de xullo
C.C. Odeón (Ferrol), Arteixo, Cantón-Obelisco (A Coruña), Noia, Bertamiráns (Ames), Vilagarcía de Arousa, Redondela, Baiona, Burela, O Carballiño
Sábado 10 de xullo
C.C. Odeón (Ferrol), Arteixo, Noia, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Carrefour Lugo.

 

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

 


HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
Luns das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 8.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO
Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE
Luns a venres das 8:00 ás 15:00 horas (Horario de verán)
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Luns a venres das 8:00 ás 15:00 horas (Horario de verán)
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

 
Doar, moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto de cita previa 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.
 
ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss