OS TEMPOS MEDIOS DE ESPERA NOS HOSPITAIS DA ÁREA SANTIARIA DE SANTIAGO E BARBANZA DIMINÚEN NA CIRURXÍA, NAS PRIMEIRAS CONSULTAS E NAS PROBAS DIAGNÓSTICAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
28 07 2021

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2021.- Nas circunstancias tan excepcionais na asistencia sanitaria que se deron ao longo deste primeiro semestre do ano, os profesionais da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza realizaron un grande esforzo para continuar dando unha asistencia de calidade a todos os doentes, sendo quen de reducir considerablemente as demoras tanto en cirurxía como en consultas e en probas diagnósticas. E iso tendo en conta que durante estes meses viviuse a onda máis intensa da pandemia, que condicionou dun xeito extraordinario o traballo nos centros da área.

 

A medida que as cifras de contaxio baixaron e permitiron reducir o número de hospitalizados e ingresados nas unidades de Críticos, a actividade cirúrxica e as consultas externas aumentaban nos hospitais e reducían os tempos de espera dos usuarios.
 
Esta redución é consecuencia da posta en marcha, no mes de abril, por parte da Xunta de Galicia, dun Plan de Recuperación da Actividade Asistencial para toda a comunidade autónoma, dotado con 15 millóns de euros, co obxectivo de levar a cabo 230.000 actos asistenciais extraordinarios, entre probas diagnósticas, consultas especializadas e intervencións cirúrxicas.
Mostra dilo é o dato que indica que a 30 de xuño deste ano os doentes da área sanitaria compostelá esperaban unha media de 30,4 días para unha primeira consulta de enfermidade o que supón 19,2 días menos que no ano pasado.
No referente ás intervencións cirúrxicas desenvolveuse un traballo de priorización. Así, os datos publicados hoxe na páxina web do SERGAS, reflicten que os doentes con prioridade 1 da área sanitaria non esperan máis por unha operación a pesar da difícil situación deste ano por mor da COVID-19. Os pacientes máis graves esperan 12,3 días, 7,2 por debaixo da demora do 2020.
Tamén é notable a redución da demora para unha intervención cirúrxica con 32,4 días menos (pasando de 104,3 do ano pasado a 71,9 deste ano)
O que se refire ás 7 vías rápidas implantadas o tempo medio de espera é de 4,3 días, polo  que cumpre o compromiso de atender a pacientes con sospeita de patoloxía grave nun tempo inferior a 15 día dende a derivación do médico de cabeceira ao especialista. Actualmente está implantado paca cancro de mama, colon, pulmón, próstata, vexiga, cancro de cabeza e colo e melanoma.
Con respecto ás probas diagnósticas se no 2020 tiñamos unha demora de 82,3 días a 30 de xuño deste ano a espera é de 4,6 (36,7 días menos). O maior esforzo realizouse na radioloxía de mama (75 días menos), na ecografía (52,8 menos) e na Resonancia Magnética cunha redución de 41,7.
Os responsables da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza destacan o grande esforzo realizado polos profesionais que foron quen de acadar estes resultados malia vivir unha situación extremadamente complicada.
Os indicadores totais de listas de espera pódense atopar na páxina web do Sergas https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/Listas-de-espera.
Saúdos, Gabinete de comunicación da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

 

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss