A ÁREA SANITARIA DE FERROL REALIZA UN CRIBADO EN ARES A MÁIS DE 500 PERSOAS CONVOCADAS ENTRE 15 E 30 ANOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
24 08 2021

​Dous equipos de Enfermaría (catro profesionais) da Área Sanitaria de Ferrol desprazaranse ó Porto do Concello de Ares para a realización dun cribado con proba PCR a máis de 500 persoas convocadas de idades comprendidas entre os 15 e os 30 anos. O Concello de Ares colabora neste cribado co emprazamento de dous espazos para poder realizar a proba tanto acudindo a pé como no vehículo.

As persoas implicadas no cribado neste Concello recibirán un SMS para acudir en horario matutino ó Porto, entre as 09:00 e as 14:30 horas, mañá martes 24 de agosto. Tanto a Xefatura Territorial de Sanidade, que valora a necesidade de realizar este cribado, como dende a Área Sanitaria pregan que a xente convocada acuda a este cribado para poder detectar o maior número de posibles casos asintomáticos.

A Área Sanitaria de Ferrol agradece anticipadamente a participación neste proceso que pode axudar a acoutar os casos positivos e que se suma ós estudos das sospeitas e das contornas dos casos positivos detectados. Agradece igualmente a colaboración dos dispositivos do Concello para facelo posible. 

Lembrar, un día máis, a importancia de intensificar as medidas de protección básicas, xa imprescindibles durante a pandemia, e que resultan absolutamente necesarias canto maior é o número de casos positivos no entorno: uso continuado da máscara, lavado ou hixiene de mans, minimizar ó máximo as interaccións sociais, evitar as aglomeracións e os sitios pechados, e ventilar os espazos. A Área Sanitaria de Ferrol reitera a necesidade de continuar a se coidar entre todos, e lembra a efectividade desas medidas para cortar a transmisión do virus. 


Saúdos de Comunicación da ÁREA SANITARIA DE FERROL do SERGAS.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss