O 061 DE GALICIA ASISTIU A 85 PERSOAS POR 54 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA DA OPERACIÓN RETORNO DO VERÁN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
30 08 2021
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 85 persoas debido a 54 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 27 de agosto, ata as 23,59 horas do domingo, 29 de agosto. O número de sinistros rexistrados foi de 18 accidentes cada un dos tres días.
 

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 67 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 54 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 85 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 67% e do 33% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 48% dos atendidos tiña entre 15 e 29 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 26 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
Accidentes
A Coruña
15
Lugo
6
Ourense
7
Pontevedra
26
Galicia
54
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 72. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 57 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes.
 

En 73 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas faleceron no punto.

 
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss