A XUNTA DE GALICIA EMITIU XA MÁIS DE 1,7 MILLÓNS DE CERTIFICADOS COVID PARA A CIDADANÍA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
04 09 2021
 

A Xunta de Galicia emitíu un total de 1.794.403 certificados covid. Deles, 1.728.260 foron certificados de vacinación, 40.642 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 25.501, certificados de ter superado a enfermidade.

Así mesmo, a Xunta de Galicia, en colaboración coas áreas sanitarias, continúa a realizar tests de antíxenos de xeito gratuíto nos puntos situados nos diferentes distritos sanitarios. Até o día de hoxe, estes puntos realizaron tests a un total de 27.393 persoas, o que permitiron detectar 309 casos positivos.

Ademais, e tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta de Galicia asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde.

Até o día de hoxe, as oficinas de farmacia rexistraron os resultados das probas dun total de 35.398 persoas, que permitiron localizar a 464 persoas con resultado positivo.

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss