O 061 DE GALICIA ASISTIU A 80 PERSOAS POR 52 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
06 09 2021

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 80 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 3 de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 5 de setembro. O domingo foi o día no que se rexistraron máis sinistros, con 27 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 70 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 80 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58% e do 42% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 25% dos atendidos tiña entre 15 e 29 anos.
Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 23 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 


Provincia
Accidentes
A Coruña
15
Lugo
5
Ourense
9
Pontevedra
23
Galicia
52

 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 75. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 63 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.
En 68 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss