SANIDADE BAIXA DE NIVEL OS CONCELLOS DE ORDES, MELIDE E MONFORTE DE LEMOS, NON QUEDANDO NINGÚN MUNICIPIO EN NIVEL MÁXIMO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
07 09 2021
 

​O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Melide, Monforte de Lemos, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo. Deste xeito, non queda ningún municipio galego en nivel máximo.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Muros, Santa Comba, Agolada, Arzúa, O Pino, Ordes, Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas de Rei, Sarria, Arteixo, Muxía e Nigrán.

Os restantes  concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. 

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 11 de setembro.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss