O 061 DE GALICIA ASISTIU A 60 PERSOAS POR 45 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 09 2021

Uxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 60 persoas debido a 45 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 17 de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 19 de setembro. O sábado foi o día no que se rexistraron máis sinistros, con 18 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 45 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 60 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 71% e do 29% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33% dos atendidos tiña entre 40 e 54 anos.
 

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 19 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 
Provincia
Accidentes
A Coruña
11
Lugo
6
Ourense
9
Pontevedra
19
Galicia
45
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 66. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 54 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes.
 
En 45 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss