A XUNTA INICIA A ADMINISTRACIÓN DAS TERCEIRAS DOSES DA VACINA DA COVID NOS USUARIOS DOS CENTROS SOCIOSANITARIOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
21 09 2021
 

​A Xunta de Galicia iniciou esta mañá, na residencia Porta do Camiño de Santiago, a administración das terceiras doses da vacina da covid, nas persoas usuarias dos centros sociosanitarios galegos, para continuar, mañá, no resto de Galicia.

No acto estivo presente a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán; o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores, o director xeral de Atención Integral Sociosanitaria da Consellería de Política Social, Antón Acevedo; e a xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez Masid.
 
No acto, a directora xeral de Saúde Pública remarcou que Galicia está dentro das comunidades autónomas con maior porcentaxe de vacinación grazas á responsabilidade da cidadanía.
 
Carmen Durán pediu un paso máis de responsabilidade, “xa que é necesario que todos nos vacinemos, por responsabilidade individual e colectiva, e imos a ofertar todas as facilidades do mundo para chegar á máxima porcentaxe de vacinación posible”.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss