A FUNDACIÓN SIGNO RECOÑECE, NO CONGRESO DOS DEPUTADOS, O PROXECTO DE E-CARDIOLOXÍA DE SANTIAGO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 10 2021

Santiago, 8 de outubro de 2021.- A e-consulta en cardioloxía “reduce a espera para consulta co cardiólogo a menos de 3 días, mellora a accesibilidade (o que beneficia especialmente aos pacientes de idade máis avanzada e aos que viven nas zonas máis afastadas do Hospital) minimiza a necesidade de atención nos servizos de urxencias, as hospitalizacións e a mortalidade”, así resumiu  o xefe do Servizo de Cardioloxía da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, José Ramón González-Juanatey os excelentes resultados da e-cardioloxía nun acto onte no Congreso dos Deputados. Juanatey concluíu que é determinante na “rápida identificación da gravidade do paciente e polo tanto mesmo reduce os custos sanitarios”.

 

 
O traballo que veñen desenvolvendo os profesionais da área sanitaria da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza coa implantación da e-consulta foi recoñecido onte cun accésit pola prestioxiosa Fundación Signo no marco dos Premios Profesor Barea, entregados no Congreso dos Deputados.
 
Así, o xefe do Servizo de Cardioloxía, José Ramón González-Juanatey expuxo os resultados do proxecto seleccionado E-Cardio: impacto económico da introdución da consulta electrónica na vía de derivación de doentes desde atención primaria a un servizo de Cardioloxía dun hospital terciario en Galicia.
 
A Fundación Signo ( https://www.fundacionsigno.com/premios.php) tal e como subliña na súa web, é unha entidade privada sen ánimo de lucro creada en 1999 coa finalidade de fomentar proxectos de xestión sanitaria e promover desde unha óptica multidisciplinaria a cultura da innovación e a eficiencia nos servizos sanitarios. Entre as súas actividades figuran os premios Profesor Barea, creados no ano 2000, e “desde o seu inicio gozan dun gran prestixio profesional dada a calidade dos traballos presentados así como polo el proceso de avaliación e a composición do seu xurado”. Os premios están destinados a proxectos inéditos ou experiencias novidosas que supoñan unha mellora substancial na xestión e na avaliación en saúde.

 

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss