O COMITÉ DE ÉTICA ASISTENCIAL DA ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO E BARBANZA ABRE A CONVOCATORIA PARA A RENOVACIÓN DOS SEUS MEMBROS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
13 10 2021
 

Santiago, 13 de outubro de 2021.- O Comité de Ética Asistencial da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza abre a convocatoria para a renovación de sete dos seus membros.

 

O Comité de Ética Asistencial é un órgano de asesoramento, consultivo e interdisciplinario, ao servizo dos profesionais e usuarios dos centros sanitarios que integran a Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Pretende ser elemento facilitador e cohesivo para a resolución dos conflitos éticos que pode presentar a actividade asistencial. A súa finalidade inmediata é a mellora da calidade da asistencia sanitaria dende a dimensión ética da práctica clínica. Os seus fins serán sempre de interese xeral. 
A composición do Comité é interdisciplinaria e procúrase que nel estea representada a diversidade de sensibilidades propia do entorno socio-hospitalario. É por iso que a integración no Comité está aberta a todos os profesionais do Servizo Galego de Saúde que traballen na área, pero tamén a cidadáns preocupados e interesados pola mellora da asistencia sanitaria.
Para formar parte do CEA é desexable ter formación en ética, pero tamén mostrar unha actitude favorable ao diálogo e a deliberación, que facilite a construción de vías de actuación enmarcadas nos principais valores que, como sociedade, desexamos que rexan o noso sistema público de saúde.
Formar parte do Comité non ten contraprestación económica e require dun compromiso de tempo e de traballo. A actividade ordinaria inclúe unha reunión mensual no CHUS (de 8:30h a 11h), instrución de casos, elaboración de informes e reunións extraordinarias. Trátase dun traballo compartido e repartido entre os integrantes.
A presentación a esta convocatoria debe ser a título individual, nunca en representación de ningunha asociación ou colectivo.
Quen desexe participar na actividade deste Comité pode solicitalo mediante un correo electrónico dirixido á presidencia do Comité (cea.santiago@sergas.es) no que conste:
Na liña Asunto: Convocatoria Comité de Ética Asistencial
No texto da mensaxe de correo deberás incluír:
Nome e Apelidos:
Idade:
Profesión:
Centro de Traballo:
Estudos realizados:
Formación específica en ética asistencial e/ou bioética:
Dirección de correo electrónico:
Teléfono:
Lugar de residencia:
É imprescindible que engada unha breve exposición da  motivación para presentarse:
 

 

O prazo de solicitude finaliza o 31 de outubro de 2021.

 

A selección de solicitantes será realizada polo propio Comité atendendo a criterios de de cualificación e experiencia, formación en bioética, representación equilibrada de áreas asistenciais en maior risco de conflito ético, e presenza de persoas non integradas laboralmente na Institución.
 

 

Saúdos,

 

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss