RADIOLOXÍA COMEZA NO NOVO CENTRO DE SAÚDE DE NARÓN MAÑÁ LUNS 18 DE OUTUBRO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
17 10 2021

​Radioloxía no novo centro de saúde de Narón comeza a funcionar a partir de mañá luns 18 de outubro. Un técnico de Radioloxía estará operativo para realizar as probas nas mañás de luns a venres, e en horario de 08:30 a 14:00 horas. O novo centro de saúde conta co espazo específico para Radioloxía no andar soto, que se configurou respondendo á demanda dos e das profesionais na valoración do proxecto deste centro.

 
A partir de agora, dende calquera centro da Área Sanitaria de Ferrol, os profesionais poderán enviar as solicitudes de Radioloxía Simple programadas e as urxencias en horario de mañá indistintamente ó Centro de Saúde de Narón ou ó Centro de Saúde  Fontenla Maristany de Ferrol, en función da maior proximidade dun ou doutro centro.

 

Novo centro de saúde de Narón
No novo Centro de Saúde de Narón, investíronse case 6 millóns de euros, e incrementouse nun 60% a superficie con respecto ó centro de saúde anterior, o que permite ofrecer máis recursos, moito máis amplos, e mellor aglutinados: 15 consultas de medicina xeral, 14 consultas de enfermería, dúas consultas de farmacia, unha consulta de odontoloxía, unha consulta de hixienista dental, unha sala de docencia, unha sala de toma de mostras, dúas salas de técnicas e catro polivalentes.

 
A área pediátrica conta con catro consultas ordinarias e tres de enfermaría; a área da muller dispón dunha consulta de matronas, unha sala de educación sanitaria e unha consulta de programa da muller; e a área de urxencias está integrada por tres consultas de medicina e tres de enfermaría, seis zonas de dormitorios e unha sala de reanimación. Conta tamén coas áreas de Administración, Fisioterapia e Radioloxía, esta última que, como estaba xa previsto, actívase mañá luns 18 de outubro.

Saúdos de Comunicación da ÁREA SANITARIA DE FERROL do SERGAS.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss